Inicio/Novedades
AXUDAS OS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

Prazo

Ata o 16 de decembro de 2016

  
ObxectoEstimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de incrementar, manter e dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego a través do desenvolvemento e mellora da competitividade das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.As bases distinguen 2 tipos de axuda:·         Liña de axuda ao investimento en equipos produtivos: Proxectos dirixidos a investimentos en maquinaria e outros ben de equipamento para ampliación da capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción.·         Liña de axuda a investimentos xeradores de emprego: Proxectos dirixidos a investimentos en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamentos para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego.
BeneficiariosEn xeral, poderán ser beneficiarias aquelas sociedades mercantís, pequenas e medianas empresas, existentes ou en constitución que cumpran:a)      Que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado en Galicia.b)      Que desenvolvan no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable.c)      Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos o 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos , o Igape exixirá nas resolución de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.
PROXECTOS DE INVESTIMENTOS EN EQUIPOS PRODUCTIVOS
Requisitos dos proxectos1.      Os investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e inferior a 900.000,00 €.2.      Deberá ser un investimentos para desenvolver algunhas das actividades relacionadas no anexo II das presentes bases reguladoras.3.      No caso de actividades vinculadas ao turismo, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios e talasos.4.      O prazo de execución dos proxectos será o proposto polo solicitante no plan de execución e non poderá ser superior a 6 meses desde a notificación de resolución de concesión.5.      Os bens deben ser novos.
Conceptos Subvencionables1.      Maquinaria de proceso.2.      Instalacións específicas para a actividade subvencionable.3.      Equipamentos de medio de transporte interior.4.      Vehículos especiais de transporte exterior.5.      Medios de protección do ambiente asociados ao investimento.6.      Outros bens de equipamento, entendendo por aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso productivo.
Intensidade da axuda A Subvención poderá chegar ata o 20% dos investimentos subvencionables no caso de pequenas empresas, e ata o 10% no caso de medianas empresas. 
PROXECTOS INVESTIMENTOS XERADORES DE EMPREGO
Requisitos dos proxectos1.      Proxecto deberá cumprir con algún dos seguintes parámetros:-          A creación dun novo establecemento ou ampliación da capacidade dun establecemento existente, que supoña un investimento subvencionable de entre 50.000,00 € e 900.000,00 €, e mantemento de emprego.-          A creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade dun establecemento exixtente que supoña un investimento de entre 50.000,00 € e 150.000,00 €, sempre e cando supoña unha creación neta de emprego ligado ao investimento, cuxo custo salarial para o período de un ano, dos postos de traballo a crear, alcancen un importe comprendido entre 150.000,00 € e 900.000,00 €.-          Creación dun novo establecemento ou a ampliación de capacidade dun establecemento existente que supoña un investimento igual ou superior a 900.000,00  € e inferior a 2.000.000,00 €, sempre e cando se correspondan con actividades que non se consideren atendibles pola Lei de Incentivos Rexionais para a corrección de desequilibrios económico.2.      Deberá ser un investimentos para desenvolver algunhas das actividades relacionadas no anexo II das presentes bases reguladoras.3.      O prazo de execución dos proxectos será o proposto polo solicitante no plan de execución e non poderá ser superior a 12 meses desde a notificación de resolución de concesión.4.      Os bens deben ser novos. 
Conceptos subvencionables 1.      Obra civil: Oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados, etc.2.      Adquisición de edificacións ou construccións, por un importe que non exceda o 10% do gasto total subvencionable.3.      Bens de equipo: Maquinaria de proceso, instalacións específicas,  Equipamentos de medio de transporte interior, Vehículos especiais de transporte exterior, Medios de protección do ambiente asociados ao investimento, Outros bens de equipamento, entendendo por aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso produtivo.4.      Outros investimentos en activos fixos, incluíndo mobiliario.5.      Activos inmateriais, en contía non superior ao 50% do investimento subvencionable.
Intensidade da axuda A Subvención poderá chegar ata o 35% dos investimentos subvencionables no caso de pequenas empresas, e ata o 25% no caso de medianas empresas.
 
Últimas Subvenciones
Entidad colaboradora
HEMOS SIDO HOMOLOGADOS PARA COLABORAR
CON LA CÁMARA DE COMERCIO,
EN EL PROGRAMA INNOEMPRESA 
 
 
Buscador